No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL

miércoles, 25 de enero de 2012

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL

O Concello de Tordoia ven de abrir o prazo para recoller as solicitudes daquelas persoas que soliciten ser beneficiarios do Programa de Alimentos e Emerxencia Social (PAES). Dirixido a familias con escasos recursos económicos ou en risco de exclusión social, a situación de crise está a producir consultas sobre este tipo de axudas aínda que afortunadamente no municipio non son moitos os casos detectados e de feito o ano pasado non se chegou a tramitar o PAES.

Aquelas persoas que estean interesadas en tramitalas ou desexen máis información poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Tordoia antes do 28 de febreiro. Para facer a solicitude será necesario achegar DNI ou pasaporte; certificado de empadroamento e convivencia; xustificante de calquera ingreso que se perciba e declaración do IRPF.

Segundo explicaron desde o Concello de Oroso as axudas consisten en paquetes de alimentos, roupa, calzado, material escolar, enseres domésticos ou produtos de primeira necesidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario