No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: INFORMACIÓN DO CONCELLO

INFORMACIÓN DO CONCELLO

MEMBROS DA CORPORAQCIÓN MUNICPAL DO CONCELLO

Tras a eleccións municipais do pasado 22 de Maio de 2011 a corporación municipal resultante e a que podedes ver a continuación:


PPdeG
Antonio Pereiro Liñares (Parroquia de Cabaleiros)
María Costa Calviño (Parroquia de Viladabade)
Luís Vázquez Leis (Parroquia de Castenda)
Amadeo Cancela Fariña (Parroquia de Cabaleiros)
Manuela González Pallas (Parroquia de Bardaos)
José Manuel Cancela Cancela (Parroquia de Anxeriz)
María González González (Parroquia de Andoio)
Tomas Castro Liñares (Parroquia de Santaia)

PSdeG

Antonio García Parafita (Parroquia de Viladabade)
Carlos García Vázquez (Parroquia de Castenda)
María de los Ángeles Costa Señaris (Parroquia de Cabaleiros)

POBOACIÓN ANO 2011 DE TORDOIA POR SEXO E IDADE



Poboación de TORDOIA por sexo e idade 2011 (grupos quinquenais)
IDADE
HOMES
MULLERES
TOTAL
0-4
29
21
50
5-9
44
35
79
10-14
47
49
96
15-19
80
58
138
20-24
112
100
212
25-29
115
104
219
30-34
130
108
238
35-39
103
140
243
40-44
131
140
271
45-49
144
132
276
50-54
159
159
318
55-59
149
180
329
60-64
164
170
334
65-69
154
149
303
70-74
129
161
290
75-79
145
213
358
80-84
77
158
235
85-
54
125
179
TOTAL
1.966
2.202
4.168

INFORMACIÓN URBANÍSTICA CONCELLO DE TORDOIA

O concello de Tordoia atópase situado no centro da provincia de A Coruña, a poucos quilómetros ao noroeste de Santiago de Compostela entre os 43.1º e 43.8º de latitude e os 8.26º e 8.41º de lonxitude. Encadrado no extremo occidental da comarca de Ordes, linda cos municipios de Cerceda e Carballo ó norte, cos de Coristanco e Santa Comba ao oeste, cos de Val do Dubra e Trazo ó sur e cos de Oroso e Ordes ó leste.

O termo municipal ten unha extensión aproximada de 120 Km2, polo que é sensiblemente maior que a media dos municipios galegos (94 Km2) e que a media dos municipios da provincia de A Coruña (84.8 Km2). Segundo o censo de 2003, conta cunha poboación de dereito de 4.841 habitantes, distribuídos en 10 parroquias e 138 entidades de poboación. A capital municipal, Pontepedra, con algo máis de 400 habitantes, situada a 50 Km da capital provincial, atópase nunha posición moi centrada respecto á totalidade do territorio municipal.

O relevo de Tordoia pertence case na súa totalidade á conca do río Tambre, que discorre polo sur do termo municipal atravesando os concellos de Oroso, Trazo e Val do Dubra, e tan so unha pequena parte á do Anllóns e á do Xallas. Así, as maiores altitudes (en torno aos 500 metros) localízanse ó noroeste, na divisoria das tres concas ás que pertence o termo municipal, observándose un lixeiro e suave descenso cara o sur e leste, ata o río Lengüelle, un dos principais afluentes do Tambre.

Segundo os datos elaborados a partir das análise do Segundo Inventario Forestal Nacional para a provincia da Coruña, dedúcese que tan so o 20% da superficie do termo municipal está dedicada exclusivamente a uso forestal, ficando o 80% restante para uso agrícola, mesturado en moitos casos con matorral e plantacións forestais, destinándose a maior parte deste terreo agrícola a prados e pastizais ligados a explotacións gandeiras. Pequenos cultivos de horta aparecen ligados á casa, abarcando unha certa variedade de produtos agrícolas (leguminosas, hortalizas, froiteiras, millo, videira,...), en xeral para consumo propio.

A DEMOGRAFÍA MUNICIPAL

O municipio de Tordoia conta, segundo censo de 2003 cunha poboación de feito de 4.891 habitantes (5.350 en 1991, o que implica un decrecemento do 8,5 % en dez anos). A densidade de poboación é bastante baixa, 42,08 habitantes/Km², por embaixo da media galega. Das parroquias que compoñen o municipio, Cabaleiros é a mais poboada, con 1.056 habitantes, o que supón o 20 % do total. Séguenlle as parroquias de Bardaos e A Vila de Abade, con 737 (12,22 %) e 698 (16,79 %) habitantes respectivamente. A única diferenza entre a parroquia mais poboada e as restantes débese a que o núcleo urbano de A Pontepedra capitaliza grande parte da poboación do municipal.

Aínda que non existe información estatística actualizada da estrutura de idades e sexos da poboación municipal, é fácil comprobar, vendo as distribucións da poboación dentro do termo municipal, como se produce a medra do núcleo urbano e a distribución de novas vivendas unifamiliares a todo o longo do concello. A poboación mantense estable con tendencia cara ó decrecemento, existindo un aumento na pirámide correspondente á banda entre os 30 e os 40 anos ademais dun marcado envellecemento posto de manifesto no aumento da poboación representante do segmento dos 60 a 70 anos.

A ACTIVIDADE ECONÓMICA

O eixo do seu modelo radica na gandería maior, no bovino. Tordoia é o 22º municipio galego polo número de vacas, e conta con interesantes niveis de porcino e avícola. O uso da terra está en grande medida orientado á alimentación gandeira, os cultivos forraxeiros son maioritarios, as patacas importantes, e medra a superficie adicada a pastos e pastizais. Aínda que tamén se aprecia un progresivo interese pola horta e cultivos de alto valor no mercado.

A poboación activa agraria é aínda maioritaria no tecido produtivo, co 36,6%, pero xa descendeu moito con respecto ós niveis doutros anos. No 91 representaba o 53,2%. E continuará o seu descenso, xa que os avances técnicos permiten novos recortes de activos agropecuarios.

A industria é pouco relevante en Tordoia, destacando apenas unhas pequenas empresas dedicadas á fabricación de materiais para a construción. Nelas emprégase o 12% da poboación, sendo a rama de manufactura a máis importante.

O nivel de activos na construción é moi alto, o 17,5% fronte ó 11% da media galega. O nivel de construción interior non xustifica esta proporción, polo que se deduce que unha grande parte deles traballan fora do concello.

Por último a proporción de residentes que traballan no sector servizos aumentou considerablemente nos últimos anos. Aínda a comezos dos noventa a proporción era do 21,4% pero no último padrón ascendía ó 27,6%. Dentro deste subsector as ramas máis importantes son a hostalería e o comercio.

Por último conviría aclarar que en Tordoia ubícase unha incipiente actividade comercial que vai en aumento. Así, o concello mostraba en 1998 un total de catro oficinas bancarias, 71 actividades industriais, 9 actividades comerciais maioristas, 51 actividades comerciais minoristas e 29 actividades de restauración, bares e hostalería.

A empresa máis relevante asentada no municipio sería unha maiorista adicada ós comestibles e produtos relacionados coa alimentación, seguido de dúas empresas fabricantes relacionadas coas actividades produtoras de ferramentas e maquinaria agrícola.

Debido á forte orientación gandeira do municipio, algo máis do 40% da poboación ocupada se consideran cualificados nesa actividade. A limitada actividade secundaria e terciaria no municipio, ocasiona que so un 3,7% do total da poboación ocupada ostentes cargos de xerentes de empresas. Isto é contrastable co feito de que apenas o 13% da poboación sexan asalariados fixos. Fronte a estes hai sen embargo, case un 34% de poboación ocupada que son traballadores eventuais, estes pertencen na súa maioría ó sector da construción. En conxunto cada vez é maior o peso dos traballadores asalariados, que pasaron dende o 42,5% de 1981 ata o 46,7% de 1996.

EVOLUCIÓN DA POBOACION NA VILADABADE NOS ÚLTIMOS ANOS