No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: O BNG DE TORDOIA DENUNCIOU "O DESMANTELAMENTO" DO CENTRO DE SAÚDE

martes, 17 de enero de 2012

O BNG DE TORDOIA DENUNCIOU "O DESMANTELAMENTO" DO CENTRO DE SAÚDE

O BNG de Tordoia denunciou "o desmantelamento" do Centro de Saúde deste municipio argumentando que, debido aos recortes que aplica a Xunta, "non" se supliu ao médico González Neira, que está de baixa dende o pasado 7 de novembro,". E isto "provoca un incremento do número de asegurados que ten que atender cada un dos dous médicos que quedan no centro".

Así, de ter entre 20-25 pacientes ao día pasaron a unha media de 50", o que implica "unha perda de calidade asistencial que se traduce, ademais, en longos atrasos, a creación de listas de espera (algo que non pasara nunca no Centro de Saúde de Tordoia) e o incremento de pacientes que teñen que ir ao PAC ou a Urxencias do CHUS".

E "os problemas non rematan aquí", din no BNG. "Nun futuro próximo, perderanse tamén os servizos de comadroa, posto que o titular da praza solicitou, con todo o seu dereito, o traslado a Vite (Santiago), e o seu traslado tampouco parece que vaia vir acompañado dunha substituta, co que as mulleres que necesiten este servizo terán que desprazarse a Compostela para ser atendidas,".

Ademais, "hai que sinalar que o servizo de ATS tamén se viu minguado na súa calidade asistencial ao non se cubrir totalmente a praza do ATS que faleceu. O seu posto era a tempo completo e agora cóbrese por horas, co que non hai ATS os fins de semana en Tordoia," sinalan.

E por todo esta situación "de precariedade nos servizos xa tiveron lugar os primeiros incidentes violentos entre os pacientes do centro". Mesmo houbo que chamar ás forzas de seguridade para manter a orde e calmar os ánimos", explican os nacionalistas. Así, e para paralizar esta situación, o BNG informa que se suma á iniciativa dos usuarios do Centro de Saúde de Tordoia, que xa recollen firmas para que lle garantan a calidade na prestación dos servizos.

Por outro lado, o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, interveu en Radio Obradoiro para desmentir que o centro de saúde se estea a desmantelar. O alcalde sinala que é certo que non se substituíu o médico que está de baixa e que os outros dous facultativos atenden aos seus asegurados. Non obstante, nega que pasasen de 25 a 50 pacientes. Pereiro asegura que "fixen xestións ante a xerencia de atención primaria e teño a súa palabra de que, cando estes dous facultativos teñan que atender máis de 25 pacientes ou día, tomarán medidas e mandarán a un novo médico se é preciso". En canto á comadroa sinalou que, de momento, non hai comunicación oficial nin confirmación dese traslado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario