No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: ACORDOS DO PLENO MUNICIPAL DO VENRES DÍA 26-04-2013

lunes, 29 de abril de 2013

ACORDOS DO PLENO MUNICIPAL DO VENRES DÍA 26-04-2013

O Concello de Tordoia aprobou o pasado venres 26 de abril en pleno ordinario e por unanimidade o inicio dun expediente para a externalización do Servizo de Axuda ao Fogar co obxectivo garantir a asistencia o número de horas que os usuarios teñan recoñecidas, ben sexa en fin de semana ou festivo, algo imposible co persoal actual. O pleno serviu, ademais, para dar conta da desafección do Centro de Saúde municipal, que pasará a depender do SERGAS, así como para aprobar a adhesión do Concello de Tordoia ao Plan de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos correspondente ao exercicio 2013 e que a Deputación pon a disposición dos municipios con menos de 20.000 habitantes 

O rexedor municipal, Antonio Pereiro, explicou que ao abeiro deste Plan a Deputación financia a asistenica social básica cunha axuda de 51.500€ que irá destinada a financiar a Traballadora Social, Auxiliar Administrativo e persoal de auxiliar do servizo de Axuda ao Fogar, que ata o de agora levaban en solitario o servizo de axuda domiciliaria. Sen embargo, e coa entrada en vigor da Lei de Dependencia a Axuda ao Fogar, son moitos os veciños do municipio que teñen recoñecido un maior número de horas de atención, “ás que actualmente non se pode dar resposta, posto que os horarios da traballora social son os que son, e non inclúen tardes, fines de semana ou festivos”, explicou Pereiro. 

Por iso, e para poder dar a asistencia á que teñen dereito os veciños, o pleno municipal acordou iniciar un expediente de externacionalización do Servizo de Axuda ao Fogar, que fará posible que todos os veciños teñan a atención que lles correponde nun prazo de tres a catro meses, unha vez cubertos todos os prazos do expediente. Actualmente, o Servizo de Axuda ao Fogar atende a 20 persoas, das que 8 son dependentes recoñecidos.

Centro de Saúde a mans do SERGAS
En canto á desafección do Centro de Saúde, Pereiro explicou que o Concello de Tordoia se adhire ao convenio asinado entre a FEGAMP e a Consellería de Sanidade para a asunción dos custos de mantemento dos Centros de Saúde, o que supón que o edificio pasa a ser un ben patrimonial que se incluirá na relación de bens do Servizo Galego de Saúde. Este cambio de titularidade supón que o SERGAS asumirá o 100% dos gastos do centro, tanto de servizos básicos como de mantemento. 

Finalmente, o pleno municipal tamén aprobou disolver o convenio entre o Concello e o Ministerio de Agricultura para a explotación forestal dunha masa común denominada Férveda, situada na parroquia de Gorgullos, e na que non se chegou a establecer ningunha explotación forestal, como inicialmente se pactara co Ministerio, por tratarse dunha zona con baixa rendabilidade. Así, coa disolución do convenio, estes montes volven ás mans dos veciños, para usos agrogandeiros. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario