No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: O CONCELLO DE TORDOIA ESTÁ A ORGANIZAR UNHA VIAXE A PORTUGAL

miércoles, 27 de febrero de 2013

O CONCELLO DE TORDOIA ESTÁ A ORGANIZAR UNHA VIAXE A PORTUGAL

O Concello de Tordoia está a organizar unha viaxe para os seus veciños da terceira idade con destino a Portugal. O prazo para anotarse no Concello remata o vindeiro venres, 1 de marzo, polo que o Concello aconsella que os interesados confirmen a súa asistencia. A viaxe terá lugar o vindeiro 9 e 10 marzo e incluirá unha visita a Póvoa de Varcim e Porto con pensión completa en hotel de catro estrelas, comidas e guía turístico. 

O importe, de 105 euros, abonarase no momento de facer a inscrición, polo que o Concello anima aos veciños a que organicen o seu tempo e ocupacións para anirmase a participar nesta viaxe organizada para pasar un par de días coñecendo Portugal. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario