O alumeado público de Tordoia sofre roubos do cableado por
un importe de máis de 22.000€.
O Concello de Tordoia vén de denunciar ante a Garda Civil o
roubo de máis de catro mil metros de cable do tendido eléctrico municipal, unha
sustracción que o concello valorou en 22.000 euros. Os roubos aconteceron no
espazo de poucos días e están distribuidos por 17 lugares de seis
parroquias.
O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, explica que a
denuncia xa está presentada, co informe de valoración dos danos, e xa se está
procedendo á recuperación do cable sustraído. Sen embargo, Pereiro explica que
o cable que se está repoñendo non é de cobre, senon de aluminio, de menor
valor, unha medida que agarda que faga desistir aos ladróns, “xa que non é só o
cable que levan senón os danos que provocan, posto que ao final o que lle
quitan ao cobre é moito menos do que vale realmente”.
Ademais da substitución do cable de cobre por outro de
alumnio, o alcalde Tordoia anunciou que a Policía Local e a Garda Civil veñen
de coordinarse para facer patrullas con carácter nocturno, ao obxecto de
incrementar a seguridade dos veciños e veciñas do municipio e contribuir a
localizar e poñer fin a esta vaga de roubos que está a afectar á comarca.
As parroquias nas que se produciron os roubos foron
Cabaleiros, con máis de mil metros substraídos; Castenda, con 450 metros roubados;
Anxeriz, con mil metros; Gorgullos, con 460 metros; Andoio con 200 metros e Viladabade,
no que desapareceron 1.360
metros. En total o municipio sufriu a substracción de 4.260 metros de cable
de cobre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario