No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: ENTREVISTA DE TERRAS DE SANTIAGO O ALCALDE

lunes, 14 de enero de 2013

ENTREVISTA DE TERRAS DE SANTIAGO O ALCALDE

Na súa cuarta lexislatura como alcalde de Tordoia gobernando en maioría, Antonio Pereiro participou na evolución do Concello nestes últimos catorce anos.

¿Cales son os cambios máis significativos que sufriu Tordoia?
Cambiou en canto a infraestructuras básicas con melloras importantes nas vías de comunicación, a apertura de parte da carreteira de Pontepedra a Santiago, a terminación de Silva a Santa Comba, ou a que fixo a Xunta de Ordes a Carballo, que dan un servicio moi interesante para comunicarnos co resto das capitales. Milloramos en canto os servizos de asistencia sanitaria, coa mellora do centro de saúde e en servizos deportivos, con dous campos de fútbol e tres pistas polideportivas.

Xa tedes os orzamentos aprobados, ¿Cal é a situación económica do Concello?
Temos un orzamento de case tres millóns de euros, acudimos a un crédito para pago a proveedores, pero estamos mantendo o gasto e cúbrenos as necesidades básicas do Concello. As prioridades están nos servicios sociais básicos e no mantemento das vías de comunicación, xa que aínda que temos pouca poboación -4.500 habitantes- a rede de carreteiras é moi ampla -máis de 400 km de camiños- e é caro o seu coidado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario