En solidariedade co resto dos funcionarios afectados pola
medida gubernamental que lles deixa sen esta paga de decembro o rexedor do Concello de Tordoia, Antonio Pereiro, anunciou
que a súa paga extra de Nadal irá destinada íntegramente ás arcas municipais,
en concreto aos servizos sociais do municipio co obxectivo de poder axudar ás
familias do Concello que os están pasando peor. Pereiro, que anunciou a súa
renuncia a esta paga extra no último pleno municipal, anunciou esta medida en
solidariedade cos resto dos funcionarios afectados. O importe, que ascense a
2.550 euros, permitirá sufragar produtos de primeira necesidade cos que se
elaborarán paquetes que se entregarán ás familias que máis o precisen deste
municipio.
“Son pequenos xestos cos que quero mostrar o meu apoio aos
funcionarios e, ao mesmo tempo, darlle a estes cartos un fin social; cada
pequeno grao de area permite paliar a situación económica de necesidade pola
que sabemos que están pasando algúns dos nosos veciños e que estas datas de
Nadal poidan pasarlle do mellor xeito posible”, explicou o alcalde de Tordoia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario