No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: AS ESCOLAS UNITARIAS DE PEDRASALGUEIRA E SANTAIA CONVERTIRANSE EN CENTROS PARA ACTIVIDADES SOCIAIS, DEPORTIVAS E CULTURAIS

lunes, 19 de noviembre de 2012

AS ESCOLAS UNITARIAS DE PEDRASALGUEIRA E SANTAIA CONVERTIRANSE EN CENTROS PARA ACTIVIDADES SOCIAIS, DEPORTIVAS E CULTURAIS

A Consellería de Educación ven de dar autorización para a desafectación de dous edificios escolares en Tordoia situados en Pedrasalgueira e Santaia, que pasarán a propiedade municipal. Segundo explicou o rexedor tordoiés, estas escolas quedaron pechadas no curso escolar pasado polo que agora o Concello de Tordoia, a través de acordo plenario, decidiu solicitar a súa desafectación e que pasen a formar parte do patrimonio municipal. O obxectivo é voltar a darlle uso ás instalacións, que serán reconvertidas en centros sociais para os veciños. 

“Os edificios, situados nas parroquias de Anxeriz e Gorgullos, pasan así ao inventario municipal e así poderán voltar a ser útiles para os veciños destas parroquias, que os destirán a realizar actividades deportivas, sociais e culturais, sen apenas investimento por parte do Concello”, explicou o alcalde de Tordoia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario