No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: TORDOIA - ACTIVIDADES DE VERÁN

martes, 14 de agosto de 2012

TORDOIA - ACTIVIDADES DE VERÁN

Teatro, obradoiros e música enchen estes días o tempo de lecer dos rapaces e rapazas do Concello de Tordoia que estas semanas estanse desenvolvendo no marco do campamento urbán promovido polo Concello. Os 30 pequenos de entre 4 e 12 anos que participan nestas actividades desplázanse diariamente á Casa da Cultura ou ao Polideportivo municipal para participar destas actividades ata o vindeiro 18 de agosto.

 

Segundo explican desde o Concello, contratáronse catro monitores para atender a estes menores cun programa que favorece a conciliación familiar durante os meses de verán. Ademais destes obradoiros e actividades, o programa completarase cunha ruta de sendeirismo e unha visita ao Aquapark, para pechar o Verán 2012 en Tordoia. Para esta última xa está aberto o prazo para inscribirse que rematará o vindeiro 14 de agosto. Todos os nenos que queiran acudir a esta visita terán que anotarse na Casa da Cultura.

Excursións Terceira Idade

Tamén está aberto o prazo para inscribirse nas distintas excursións da Terceira Idade que se celebrarán durante o mes de agosto co seguinte itinerario: saída de Tordoia ás 8h e regreso ás 22 horas pasando por Padrón, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Aguiño, Porto do Son, Portosín e Noia. A primeira delas terá lugar o 23 de agosto e pódense anotar o maiores de 60 anos das parroquias de Anxeriz, Andoio e Viladabade. A seguinte será o 24 de agosto, para as parroquias de Castenda, Gorgullos, Leobalde e Numide e a terceira e última terá lugar o 31 de agosto para os veciños de Bardaos, Cabaleiros e Tordoia.

En todos os casos o prazo máximo de inscrición é dous días antes de cada data de viaxe. O prezo, de 22 euros, inclúe o desplazamento e a comida nun restaurante de Porto do Son.

No hay comentarios:

Publicar un comentario