No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: O CONCELLO DE TORDOIA E CERCEDA SOLICITAN UN PROGRAMA CONXUNTO DE INSERCIÓN LABORAL

martes, 14 de agosto de 2012

O CONCELLO DE TORDOIA E CERCEDA SOLICITAN UN PROGRAMA CONXUNTO DE INSERCIÓN LABORAL

Tordoia e Cerceda solicitan de forma conxunta un programa de inserción laboral

A súa posta en marcha dependerá dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar. O Concello de Tordoia ven de asinar un convenio de colaboración co Concello de Cerceda co obxectivo de solicitar unha serie de accións formativas dirixidas aos colectivos con risco de exclusión social.

“Por proximidade xeográfica e interrelación veciñal vimos a posibilidad de solicitar á Xunta de Galicia este proxecto conxunto que vai en beneficio dos veciños de ambos municipios, xa que se trata dun proxecto de inserción laboral”, explicou o rexedor tordoiés, Antonio Pereiro.

Pereiro explicou que estamos fronte a un proxecto que se apoia en tres piares fundamentais: o asesoramento en materia laboral, a formación e a empregabilidade. Neste sentido, de atopar o apoio por parte da Administración Pública, o programa desenvolverá accións como cursos de orientación laboral, formación para a preparación en postos ou profesións específicas, prácticas formativas e busca e xestión de ofertas de emprego. A iniciativa tamén contempla a posta en contacto con empresas do ámbito territorial co obxecto de facer prospección de postos de traballo.

A execución do programa virá determinada pola concesión da subvención por parte da Consellería de Traballo e Benestar pero desde os concellos implicados agárdase que a resposta sexa positiva xa que os principais beneficiados serán o colectivo de persoas en situación de desemprego e persoas en risco de exclusión social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario