O atleta Manuel Óliver Pérez López, do Club Coruña Comarca, proclamouse vencedor da IV Carreira Popular Pedestre de Tordoia.Pérez percorreu os 6.880 metros nun tempo de 22:40:84. En segundo lugar, 54 segundos despois, cruzou a liña de meta José Manuel Corral López, do Club Verxel de Lugo. O terceiro posto foi para José Ángel López Villar, do Egovarros Cedeira.
En categoría feminina, a vitoria conseguiuna Eusebia Maldonado, corredora que participou por libre, cun tempo de 28:39:95. O segundo posto foi para Mar García López, do Club Verxel, a 34 segundos, e na terceira posición situouse Purificación Fernández Campos, de Bergondo.
José Luis Fraga Pulleiro e María Pilar Orgeira Rey, foron os mellores participantes locais dunha carreira que contou 326 participantes, distribuídos en doce categorías por idade e foron numerosos os espectadores que seguiron o devir da proba.

No hay comentarios:
Publicar un comentario