No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: PRESENTAN A MUXIDOIRA DO FUTURO NA GANDARÍA CANDENDO

miércoles, 2 de mayo de 2012

PRESENTAN A MUXIDOIRA DO FUTURO NA GANDARÍA CANDENDO

O próximo xoves 3 de maio, na gandaría Candendo, de Viladeabade (Tordoia) ofrecerase unha xornada de portas abertas. Espérase a asistencia de máis de duascentas persoas. Ademais, xusto ao lado da gandaría, que dirixen o novo matrimonio formado por Dosindo Rey e María del Carmen Collazo, haberá tamén unha exposición de maquinaria agrícola e unha pulpeira para preparar o tradicional polbo á feira.

O motivo deste día de exhibición é que Dosindo e María del Carmen adquiriron hai apenas 20 días un Lely Astronaut A 4 e, como explica Dosindo, "son os da firma Lely os que o organizan todo. É a primeira xornada deste tipo que se fai na zona e a segunda en toda Galicia", di. E o certo é que este robot é un auténtico descubrimento.

Dosindo ten 150 cabezas de gando, 65 delas producindo leite. “E dende que teñen o robot muxidor aumentamos a producción. Sacamos uns 2.400 litros de leite cada día", explica. Ademais, a máquina dálle 100 datos concretos de cada vaca ao día: dende o seu peso (están sobre os 650 quilos), a se rumía ben, se pode ter algún problema de saúde, cantas veces foi muxida na xornada, cantos litros ofreceu, se aumentaron a súa producción nos últimos días, que calidade de leite deu, e un longo etcétera. Ademais, ofrécelle gráficos de todo tipo, aínda que quizais o máis importante para Dosindo é que "as vacas se senten moito mellor, están máis alegres". E é que os animais están soltos dentro da nave e entran elas soas á máquina de muxidura ao reclamo do penso e unha masaxe que lles dá a máquina.

Por outro lado, as vacas móxense unha media de 2,5 veces ao día, xa sexan ás catro da madrugada ou as doce da noite, co conseguinte descanso e calidade de vida para os gandeiros: unha axuda para un sector ao que lle pagan 30 céntimos por litro de leite mentres que o penso lles sae a 31 céntimos por quilo.


Fonte: Tierras de Santiago

No hay comentarios:

Publicar un comentario