No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: ARRANCAN AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DOS ACCESOS AO MULTIUSOS DE TORDOIA

miércoles, 2 de mayo de 2012

ARRANCAN AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DOS ACCESOS AO MULTIUSOS DE TORDOIA

O Concello de Tordoia activou a semana pasada os traballos de urbanización do ámbito do centro multiúsos de Pontepedra. As obras, que contan cun presuposto de 100.000 euros, están a ser financiadas pola Consellería de Industria con cargo ao Plan de Industria e Comercio, e o prazo de execución é dun mes. Estes traballos, segundo a información facilitada polo Concello, permitirán mellorar os accesos ao centro no que se centralizarán gran parte das actividades deportivas do municipio. Consisten na execución de beirarrúas de aglomerado cun ancho de 2 metros entre a rúa de San Isidro e o acceso principal ao edificio, que xa está finalizado. Actualmente as beirarrúas circundan a parcela de 4.000 metros cadrados na que se sitúa o centro.

Ademais, as obras inclúen a execución do saneamento, recollida de pluviais e iluminación pública. Hai que recordar, neste sentido, que, previamente, o Concello de Tordoia executará a obra para enterrar os cables de alta tensión que existían no núcleo de Pontepedra, algúns deles atravesaban a parcela onde se situará a futura escola infantil.

Indicar que unha vez que finalicen estes traballos, o multiusostordoiés estará listo para entrar en funcionamento. Cunha superficie próxima aos 500 metros cadrados e un investimento de 475.000 euros, con cargo a fondos do Plan E, o centro dispoñerá de ximnasio, sala de fitness, vestiarios e outros servizos.

Fonte: Tierras de Santiago

No hay comentarios:

Publicar un comentario