A conselleira de Medio Rural
e do Mar e a directora da Axencia para a Modernización tecnolóxica asinaron o
pasado 17 de abril en tordoia un convenio para facilitar o acceso a internet
vía satélite á poboación das zonas con máis dificultades de cobertura.
Finalmente, o alcalde de
Tordoia, Antonio Pereiro, agradeceu o traballo de Rosa Quintana e Mar Pereira
xa que “Tordoia é un deses concellos que pode acceder á banda larga de calidade
e tamén está a ser un dos beneficiarios das actuacións que se están levando a
cabo”. O alcalde de Tordoia explica que “antes da posta en marcha do Plan, tan
só o 19% da poboación de Tordoia contaba con acceso á banda larga de calidade.
A día de hoxe, en torno ao 55% dos veciños dispoñen da posibilidade de acceso
grazas a este Plan”.
Ademais, Pereiro Liñares
adianta que “no primeiro semestre deste ano, e grazas aos novos despregamentos
de redes 3G, contaremos co 70% de acceso. E así ata acadar o 96% previsto ao
remate do Plan, o cal significará que todos os fogares poderán contar con
acceso á banda larga de calidade, tan necesaria no día de hoxe”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario