A Casa da Cultura do
concello de Tordoia acolleu unha conferencia informativa dirixida a membros das
explotacións gandeiras do municipio co obxectivo de aclarar os cambios que
sufriu a Política Agraria Común (PAC) da Unión Europea. Impartido polo
coordinador executivo da FRUGA, Manuel Da Cal, os máis de setenta participantes
que tomaron parte na charla puideron trasladar as súas dúbidas e inquedanzas
con respecto a nova reforma da PAC, que entrará en vigor o vindeiro ano.
Entre os aspectos que se
abordaron durante o encontro informativo estivo a posibilidade de desaparición
das cotas lácteas, a xestión interna das explotacións gandeiras e o custo que
supón o mantemento deste tipo de produccións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario