No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: MÁIS SEGURIDADE PARA OS VECIÑOS DA PONTEPEDRA

martes, 10 de abril de 2012

MÁIS SEGURIDADE PARA OS VECIÑOS DA PONTEPEDRA

Comenzaron esta semana os traballos de execución da senda peonil entre a Pontepedra e Seixán, no Concello de Tordoia. As obras teñen un importe de 183.000 euros e unha extensión de preto de 600 metros, que van entre os puntos quilométricos 5.4 e 6.0 ata chegar a igrexa de Cabaleiros. O obxectivo do proxecto, que contempla o ensanchamento da estrada polas marxes esquerda e dereita, e permitir que os veciños podan transitar por a zona dun xeito moito máis seguro. Ademáis, o coste dos traballos está asumido íntegramente pola Diputación de A Coruña.

O rexedor tordoiés, Antonio Pereiro, amosouse moi satisfeito do comezo das obras e dixo que agardaba que se executen con celeridade. "Con esta obra poderemos poñer solución a un punto especialmente conflictivo como é o que se sitúa na ponte que da entrada ao núcleo de poboación de Pontepedra, cuio estreito daba orixe a moitos problemas de circulación de vehículos e peóns", engadiu o alcalde.

Así, Antonio Pereiro también explicou que, unha vez rematada a obra, os veciños poderán pasear con maior seguridade "xa que estamos a falar dunha travesía autonómica que soporta gran cantidade de tráfico e no que xa se incluiran obras de firme, pavimentos de zahorra e unha capa de rodadura con triple tratamento asfáltico". E que estes traballos que empezaron agora veñen a completar a rehabilitación dun vial no que a Diputación xa investira máis de 900.000 euros para a execución de arcenes dun metro de ancho. E segundo as explicacións, cando remate esta nova fase de obras colocarase tamén señalización nova, tanto vertical coma horizontal.

Fonte: Tierras de Santiago

No hay comentarios:

Publicar un comentario