No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: O PSOE DE TORDOIA CRITICA A SUBA DE "UN 80 POR CENTO" POLAS TAXAS DE RECOLLIDA DE LIXO

martes, 10 de abril de 2012

O PSOE DE TORDOIA CRITICA A SUBA DE "UN 80 POR CENTO" POLAS TAXAS DE RECOLLIDA DE LIXO

O Concello de Tordoia aprobou en pleno extraordinario aceptar os créditos ICO que ofrece o goberno de Rajoy para pagar os provedores da Casa Consistorial. Deulle o visto e prace a esta medida coa ausencia da oposición. E é que os tres edís do PSOE só estiveron presentes no primeiro punto da orde do día, pero logo se ergueron e marcharon para secundar a folga contra a reforma laboral. Tordoia debe, segundo dixo o alcalde Antonio Pereiro, "facturas por 1.400.000 euros", aínda que "a Xunta e a Deputación nos deben máis de 450.000 euros que nos teñen que aboar, pero que aínda non o fixeron". Por este motivo, o crédito ICO que pediráTordoia é de 950.000 euros "a amortizar nun prazo de 10 anos con dous de carencia". Ao mesmo tempo, o Concello aprobou un plan de axuste para aforrar 200.000 euros este ano.

As medidas máis importantes consistirán en reducir un 25% o persoal do Concello e en rebaixar outro 25% os gastos de luz, teléfono, publicidade, subministración de materiais e gastos de mantemento. Así que non se contratará a ninguén nin se fará ningunha obra que non sexa urxente se non contan cunha subvención do 100% ". Ademais, subirán as taxas de lixo, IBI e a contribución.

O PSOE de Tordoia explicou á prensa que este pleno "foi unha tomadura de pelo". O seu voceiro, Carlos García, dixo que desconfían de que haxa mesmo máis facturas e que "tarde ou cedo terán que sacar á luz". E mostrou, ademais, o seu rexeitamento á solicitude do préstamo ICO. O PSOE tamén criticou a subidas de impostos, "como a do 80% no recibo do lixo".


Fonte: Tierras de Santiago

No hay comentarios:

Publicar un comentario