No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: O CONCELLO ANUNCIA A MELLORA DE CATRO PISTAS POR VALOR DE CASE 80.000 EUROS

lunes, 5 de marzo de 2012

O CONCELLO ANUNCIA A MELLORA DE CATRO PISTAS POR VALOR DE CASE 80.000 EUROS

O goberno local do Concello de Tordoia detallou esta mañá a relación de pistas que se beneficiarán do PEIM 2012, aprobadas por unha cuantía de 79.900 euros que se executarán a cargo da Consellería do Medio Rural e Mar, unha cuantía que supón case o doble do investido no PEIM (Programa estratégico de infraestructuras del Medio Rural) do ano pasado.

Segundo explicou o alcalde do Concello de Tordoia, Antonio Pereiro, o PEIM 2012 do Concello de Tordoia inclúe a mellora das infraestructuras en catro parroquias do Concello: os accesos de Sares, en Viladabade; o camiño de Casal e Bouzarán, na parroquia de Andoio; o camiño de Arcay de Abaixo e do embalse de Gorgullos e, finalmente, os accesos á piscina e o campo de fútbol de Cabaleiros. En todos os casos, trátase de pistas asfaltadas de titularidade municipal cun ancho estándar de 4,5 metros nos que se executarán traballos de reasfaltado, apertura de cunetas e tratamento do firme.

O rexedor tordoiés, Antonio Pereiro, amosouse moi satisfeito de poder levar adiante este plan co apoio da Consellería, quen afronta a totalidade dos costes das obras. En canto á elección dos viais, Pereiro explicou que se tivo en conta o uso das pistas e o seu nivel de conservación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario