No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLO MENOR DE TRES ANOS PARA O ANO 2012

jueves, 1 de marzo de 2012

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLO MENOR DE TRES ANOS PARA O ANO 2012

Que pola Orde do 30 de decembro de 2011 se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da  prestación económica de pagamento único por fillo menor de tres anos para o ano 2012 (DOG nº 32 do 15/02/2012).

Beneficiarios:
Persoas que teñan  fillas e fillos menores de 3 anos na data 1 de xaneiro de 2012 (nados entre o 2-1-2009 e o 1-1-2012 incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estiveran obrigadas a presenta-la declaración do IRPF, nin a tivesen presentado de voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
No caso de descendentes adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2010 e o 31 de decembro de 2011 a prestación  concederase durante os 3 anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o beneficiario da prestación será o pai ou nai que teña a custodia dos menores, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio.

Tipo de axuda e contía: 
Pagamento único  de 360 € por cada un dos fillos menores de 3 anos.

Prazo: ata o 26  de marzo  de  2012.

Información e Tramitación: Servizos Sociais Municipais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario