No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: INFORMÁTICA PARA TODAS AS IDADES NA CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE TORDOIA

lunes, 13 de febrero de 2012

INFORMÁTICA PARA TODAS AS IDADES NA CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE TORDOIA

O Concello de Tordoia ven de promover, unha edición máis, os cursos de iniciación á informática dirixido a todos os veciños e veciñas do municipio. Xa está aberto o prazo para inscribirse na Casa da Cultura, sen ningún tipo de límite de idade. Aquelas personas interesadas teñen á súa disposición dous horarios de formación, os luns e mércores, de 19h a 21 horas, ou os martes e xoves, de 17h a 19h.

Estes cursos, dirixidos a todas aquelas persoas que desexen adquirir os coñecementos básicos no eido da informática, comezarán no mes de marzo. Desde o Concello de Tordoia recálcase a necesidade de que toda a poboación, con especial incidencia nos maiores, poida ter acceso ás novas tecnoloxías polo que o curso permitirá adquirir coñecementos precisos para poder manexarse no sistema operativo Windows e algúns dos seus programas, así como adentrarse tamén na Internet. Os grupos que se están formando son reducidos, de arredor dunha ducia por clase, o que permitirá unha formación máis personalizada.

As persoas interesadas poderán anotarse ou conseguir máis información sobre os cursos na Casa da Cultura ou ben no teléfono 981 683 006.

No hay comentarios:

Publicar un comentario