O executivo de Tordoia, que dirixe o popular Antonio Pereiro, deu o pasado mércores luz verde en solitario ao presuposto 2011. Na súa intervención, o alcalde xustificou o atraso na aprobación das contas pola falta de coñecemento das partidas que outras Administracións destinarían ao Concello.As contas ascenden a un total de 3.050.000 euros, un 39% menos que en 2010. Sobre esta baixada no importe, Pereiro indicou que se deriva dos gastos efectuados " na compra de terreos como vos destinados a Gardería e ou centro multiúsos", indican fontes municipais. Ademais, tampouco se inclúen partidas como a que houbo en 2010 co Obradoiro de Emprego.
Por outra parte, e esta vez por unanimidade, deuse tamén luz verde ao Plan de Obras e Servizos (PSO) 2012. Neste caso, o Concello de Tordoia destinará 120.213 euros -do total de 244.614 euros dispoñibles- a cubrir gastos correntes.
O montante restante, que ascende a 124.402 euros, destinarase a diversas actuacións no municipio que pretenden mellorar as infraestruturas existentes. Así, prevese o acondicionamento dos accesos en Santaia, así como a mellora de catro camiños en Requeixo, Campo de Millo, Graveira e o que comunica Tarroeira con Corredoira. Tamén se contempla finalizar a senda entre Campo de Milo e Castenda.
Finalmente, habilitarase a reforma da iluminación en Casadabade e Bedrobe, "unha vella demanda", indicou Pereiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario