A Deputación da Coruña subvencionará con 20.000 euros a adquisición do mobiliario do Centro de Multiusos do Concello deTordoia. Na súa última sesión plenaria, a Deputación aprobou subvencionar o 54 por cento do custo do equipamento, cuxo prezo total se eleva aos 37.000 euros. Deste modo, a Deputación pon 20.000 euros e o Concello ocúpase de achegar o resto, uns 17.000 euros. Tras este acordo, o alcalde de Tordoia, que se mostrou moi satisfeito pola decisión tomada pola administración provincial, sinalou que grazas á Deputación "moi pronto poderemos ver funcionando este centro deportivo" de cincocentos metros cadrados de superficie.
O alcalde engadiu que a súa posta en funcionamento permitirá trasladar todas as actividades deportivas que agora se están a desenvolver en diferentes puntos, "para centralizalas neste local". Pero, ademais do mobiliario do multiusos, o alcalde referiuse tamén ás obras de acceso a este edificio, que se están a acometer e que xa están moi avanzadas", dixo o rexedor.
O Concello investiu cen mil euros nestas obras, que consisten na construción das beirarrúas de acceso ao edificio multiusos. Contarán con recollida de pluviais e iluminación e poñerán o broche final que lle faltaba á construción do necesario multiusos de Tordoia.
Fonte : Tierras de Santiago
No hay comentarios:
Publicar un comentario