No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: A TAXA INTERANUAL DO DESEMPREGO EN GALICIA SITÚASE XA NUN 8.1%

jueves, 3 de noviembre de 2011

A TAXA INTERANUAL DO DESEMPREGO EN GALICIA SITÚASE XA NUN 8.1%

O deterioro do mercado laboral continúa o seu avance sen que os gobernos adopten medidas para virar esta situación. Segundo os datos feitos públicos este xoves polo Ministerio de Traballo, o número de desempregados en Galicia sitúase xa nas 242.142 persoas, sumando 9.224 parados/as máis que no mes de setembro (un 3.9%). Porén, resulta especialmente alarmante a evolución interanual do desemprego, situada xa no 8.1%, fronte á suba do 6,7% rexistrada no estado, e incrementando en 18.248 o número de persoas sen traballo en Galicia respecto de outubro de 2010.

En canto aos sectores produtivos, destaca o incremento de desempregados/as no sector Servizos, que subiu en 5.711 persoas en outubro (un 4.3% máis), sumando case o 62% dos novos desempregados/as. En Construción aumentáronse os parados/as en 1.704 persoas (un 4.3% máis), mentres que na Industria quedaron sen traballo 1.052 persoas.
A respecto da contratación, no mes de outubro realizáronse 57.129 novos contratos, dos que 53.128 (o 92.9%) foron contratos temporais e tan só 4.001 tiveron carácter indefinido. Dentro destes últimos, soamente 497 se fixeron baixo o modelo de fomento da contratación indefinida. Así mesmo, o número de contratos asinados descendeu con respecto ao mes de setembro un 12.5% e un 3% en comparación co mes de outubro do pasado ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario