No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO ACCESO DOS CIDADÁNS A NOVAS CONEXIÓNS A INTERNET

miércoles, 20 de julio de 2011

SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO ACCESO DOS CIDADÁNS A NOVAS CONEXIÓNS A INTERNET

Obxecto:
Promoción do acceso dos cidadáns á internet.

Persoas beneficiarias:
Familias con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 € que soliciten un novo acceso á internet. O domicilio de instalación da nova conexión deberá ser o de residencia, no que non pode haber contratada ningunha conexión de internet de 1Mbps ou superior no momento de efectuar a solicitude nin ter sido dada de baixa polo solicitante (ou por calquera familiar dentro do cuarto grao de consanguinidade ou segundo grao de afinidade) polo menos nos tres meses anteriores á publicación desta convocatoria.

Actuacións subvencionables:
Contratación da prestación dun servizo de conexión a internet durante un período de, polo menos, 12 meses. O dito servizo de conexión deberá ter asociada unha velocidade de transferencia de datos de, como mínimo, 1 Mbps en sentido da rede ao usuario (DL), considerando unha modalidade de acceso sen restrición horaria.

Contía da axuda:
A intensidade da axuda será do 40% do custo da tarifa mensual de conexión a Internet a partir do segundo mes de servizo e ata completar un ano, cunha contía máxima de 180€ e condicionada á permanencia no servizo durante un ano. A alta da liña e o importe da tarifa correspondente ao primeiro mes será asumido pola entidade colaboradora. Concederáse unha única subvención por unidade familiar.

Lugar de presentación: exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que sexan seleccionadas para este réxime de axudas. 

Mais información 

No hay comentarios:

Publicar un comentario