Agora que por vacacións ou polo bo tempo utilizamos máis o coche para desprazarnos é bo saber que o Ministerio de Industria subvenciona o cambio de neumáticos antigos por outros de maior eficiencia enerxética. O importe da axuda é de 20 € por neumático (80 € o coche completo).
Os requisitos para acceder a esta axuda son:
Os requisitos para acceder a esta axuda son:
* Cambiar os catro neumáticos á vez.
* Ser o propietario do vehículo e que estea matriculado en España.
* Estar ao corrente do pagamento do Imposto de Circulación.
* Adquirir neumáticos dos incluídos na lista do IDAE. Lista neumáticos incluidos.
* Presentar DNI; fotocopia do recibo do Imposto sobre Vehículos e fotocopia da ficha técnica do vehículo.
Os puntos de venta dos talleres adheridos o programa podédelos encontrar aquí.
As axudas finalizarán o 15 de decembro deste ano ou cando se esgote o presuposto asignado para iso (60.000 vehículos). Tamén podes preguntar no teu taller de referencia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario