A Asociación de Veciños San Ciprián de Viladabade organiza para o próximo día 15 de outubro unha viaxe os Canóns do Sil na Ribeira Sacra.
A ruta que levaremos a cabo será a seguinte:
- Partida dende o campo da festa da Viladabade (Eirexe) as 08:00 da mañá en dirección a Ribeira Sacra.
- Chegada ó embarcadoiro de Doade onde subiremos ó catamarán para recorrer ós canóns do Sil hasta Chancís, lugar onde vai estar a esperar o autobús para emprender o percorrido por estrada.
- Chegaremos a un restaurante da zona onde almorzaremos.
- Posteriormente visitaremos unha adega da zona.
- A continuación continuaremos cara a SAN ESTEVO DE RIBAS DO SIL, antigo mosteiro e hoxe convertido en Parador Nacional.
- De camiño contemplaremos OS BALCÓNS DE MADRID. Situado en Torgas/Parada do Sil en unha cortada a gran altura podemos observar o río Sil encaixado entre impresionantes montañas, un dos miradoiros "colgantes" dende os que se pode observar parcialmente o Canón do Sil serpenteando.
- Despois de estas visitas, emprenderemos o camiño de regreso a casa.
O prezo por persoa será de 37 €, sempre que se superen as 40 persoas, e inclúe: autocar, almorzo, catamarán, guía acompañante, seguro de viaxe.
Contamos con vos!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario