- Varios veciños da parroquia comentaron que a sinal da TDT nas súas casas era bastante débil e que non vían moitos dos canais. Esto fíxoselle saber o alcalde e dixo que xa estaban traballando neso dende facía algún tempo.
- Tamén se lle comentou a necesidade de solicitar un ancho de banda para a liña telefónica que permitise ter en toda a parroquia ADSL, ou senón colocar unha antena que permita ter cobertura 3G na parroquia.
Comentarvos que respecto a da antena para a TDT, están apunto de colocala, de feito esta previsto que a súa colocación sexa inmediata.
En canto o de internet, con ADSL ou con 3G, de momento dixeron que tiña que esperar, pero parece que hai unha subvención da Xunta ou algo así e esperemos que pronto poidamos dispoñer de internet en toda a parroquia. Seguiremos metendo presión.
A antena da TDT situase en Piñeiro, concretamente na Cruxeira, este e o lugar no que está.

No hay comentarios:
Publicar un comentario