Campamentos de verán para persoas con discapacidade 2011 da Conselleria de Traballo e Benestar.
Poderán participar neste programa as mozas e os mozos, cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, que teñan a idade comprendida entre os 9 e os 40 anos, segundo se indica en cada un dos destinos e quendas, que figuran no folleto, e que non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
As solicitudes formalizaranse no modelo oficial. Xunto coa solicitude deberán presentar o informe médico.
As persoas beneficiarias do título de familia numerosa terán unha bonificación do 50% no pagamento das taxas establecidas.

Prazo e lugares de presentación de solicitudes
Ata o 20 de maio, incluído.
- Consellería de Traballo e Benestar
- Dirección xeral da Dependencia e Autonomía Persoal e xefaturas territoriais
Ata o 20 de maio, incluído.
- Consellería de Traballo e Benestar
- Dirección xeral da Dependencia e Autonomía Persoal e xefaturas territoriais
- Servizos Sociais municipais do Concello de Tordoia
Para maior información pódense dirixir de forma gratuíta ao teléfono social 900 333 666
Modalidades e prezos:
- Quendas de integración: para persoas con autonomía persoal para as actividades da vida diaria: desde 72€ ata 180€.
- Quendas específicas: persoas con maior necesidade de apoio: 120€.
Cartel e folleto dos Campamentos de Verán 2011
Solicitude para os Campamentos de verán 2011
Informe médico para os Campamentos de verán 2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario