A Consellería de Traballo e Benestar promove axudas para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia, especialmente das mulleres, coa finalidade de promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a súa alta na Seguridade Social, e proceder á súa convocatoria para o ano 2011.
A contía total da axuda será de 3.000 euros por persoa beneficiaria.
A contía total da axuda será de 3.000 euros por persoa beneficiaria.
Prazo de presentación: 29/03/2011 - 30/09/2011
Lugar de presentación das solicitudes:
- Consellería de Traballo e Benestar
- Dirección Xeral de Promoción do Emprego
- Subdirección X. de Apoio á Contratación, aos Emprendores e ao Traballo Autónomos
Edificios Administrativos. San Lázaro, S/N
15871 Santiago de Compostela
Teléfono: 981957732 / 981544716
Edificios Administrativos. San Lázaro, S/N
15871 Santiago de Compostela
Teléfono: 981957732 / 981544716
Fax: 981544678
Beneficiarios:
Persoas dedicadas ou incorporadas á actividade agraria incluídas nalgún dos seguintes colectivos e que cumpran os requisitos previstos para cada suposto.
Persoas dedicadas ou incorporadas á actividade agraria incluídas nalgún dos seguintes colectivos e que cumpran os requisitos previstos para cada suposto.
1. Persoas incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que a súa incorporación se produza a partir do 17 de xullo de 2010 e ata o 30 de setembro de 2011.
b) Ter corenta ou menos anos de idade na data da dita incorporación.
c) Que sexan cónxuxes ou descendentes do titular da explotación agraria, sempre que este estea dado de alta nos citados réxime e sistema especiais.
d) Que sexan beneficiarias da redución do 30 por cento das cotas á Seguridade Social establecida na disposición adicional primeira da Lei 18/2007.
2. Mulleres incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:
2. Mulleres incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que a súa incorporación se produza a partir do 17 de xullo de 2010 e ata o 30 de setembro de 2011.
b) Ter corenta e un e ata corenta e cinco anos de idade na data da dita incorporación.
c) Que sexan cónxuxes ou parentes da persoa titular da mesma explotación agraria, sempre que esta estea dada de alta nos citados réxime e sistema especiais.
3. Mulleres de corenta e cinco ou menos anos de idade na data de alta na Seguridade Social incorporadas a partir do 17 de xullo de 2010 e ata o 30 de setembro de 2011 ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, titulares de explotacións agrarias nos seguintes supostos:
a) Que accedan á titularidade dunha explotación agraria en funcionamento que lles fose atribuída tras un proceso de separación ou divorcio.
b) Que accedan á titularidade dunha explotación agraria tras o falecemento, xubilación ou incapacidade recoñecida do seu cónxuxe, descendentes ou ascendentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao incluído.
c) Mulleres que se incorporen a unha explotación familiar en marcha, cando o seu cónxuxe cause baixa no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, por dedicarse a outra actividade e mentres este permaneza en situación de alta noutro réxime ou sistema da Seguridade Social.
Nestes casos, deberá producirse unha continuidade no funcionamento da explotación agraria de xeito que entre a data de alta no sistema especial da nova titular e a data do feito causante que determina o cambio de titularidade non transcorran máis de 12 meses.
Impreso de Solicitude

No hay comentarios:
Publicar un comentario