No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: ANXERIZ CELEBROU ESTE SÁBADO A 3ª EDICIÓN DA FESTA DE EXALTACIÓN DO GRELO

lunes, 4 de febrero de 2013

ANXERIZ CELEBROU ESTE SÁBADO A 3ª EDICIÓN DA FESTA DE EXALTACIÓN DO GRELO

Esta fin de semana a parroquia de Anxeriz acolleu a terceira edición da súa Xornada de Exaltación do Grelo de Anxeriz, promovida pola Asociación para a Promoción e Desenvolvemento da Muller e Familias de Anxeriz, “A Ponderosa”. Esta celebración estase consolidando, ano a ano, como prolegómeno da celebración do entroido no concello de Tordoia. 

E é que as mulleres de Anxeriz organizaron unha xornada na que non faltou o desfile de comparsas, a música, a animación e, por suposto, a comida. E é que o cultivo e a venda do grelo nesta parroquia supón para estas familias un considerable aporte económico, sobre todo nestas datas e nunha zona onde non hai moitos outros sectores económicos. “En días bos podemos chegar a poñer no mercado 2.500 quilos de grelos”, explica Ana Vázquez, quen explica que desde a asociación estase a impulsar cursos de formación para que os veciños poidan sacarlle maior rendabilidade a esta venda que, ata o de agora, non se chegou a cooperativizar. 

Mentres tanto, a celebración promovida pola Asociación permitiu exaltar, un ano máis, o produto estrela na zona, o afamado grelo de Anxeriz, nunha festa que as socias decidiron extender a toda a parroquia. Para os socios, que agora son 61, todas mulleres excepto dous homes, a comida foi de balde, mentres que para o resto das persoas que acudiron custou 20 euros para adultos e 10 para nenos, aínda que os máis pequenos ían de balde tamén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario