No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: PREVESE QUE A ESCOLA INFANTIL ESTEA REMATADA EN AGOSTO

martes, 30 de abril de 2013

PREVESE QUE A ESCOLA INFANTIL ESTEA REMATADA EN AGOSTO

A gardería contará con 3 aulas, 2 dormitorios, cociña, comedor e vestiarios e podería estar en funcionamento para o vindeiro curso.

As obras da futura Escola Infantil do Concello de Tordoia avanzan a bo ritmo, o que fai posible contar co remate da estrutura para primeiros de agosto, segundo anunciou o rexedor municipal, Antonio Pereiro. O alcalde tamén anunciou que logo do remate da obra, comezarían os trámites para a dotación de mobiliario e persoa, “polo que agardamos que para finais de ano estea xa lista para comezar a funcionar para o vindeiro curso”, afirmou.

A gardería municipal está emprazada no núcleo da Pontepedra, nunha parcela na que tamén se acondicionou e contaba cun orzamento inicial de 181.000 euros destinados á execución da estrutura e cunha superficie de 296 metros cadrados e un investimento total de 700.000 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario