O pleno municipal do Concello de Tordoia ven de aprobar a
adhesión deste concello ao protocolo conxunto de loita contra a violencia de
xénero que puxo en marcha a Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración coa
FEGAMP. Deste xeito o Concello de Tordoia pasa a formar parte da rede de
entidades locais implicadas nas accións de sensibilización e loita contra a
violencia sobre as mulleres.
O protocolo permitirá promover no municipio proxectos de
prevención da violencia de xénero, así como de detección precoz de condutas de
risco e fomentar o trato igualitario entre homes e mulleres e traballar a prol
da tolencia cero para os maltratadores. Segundo explicou o alcalde este acordo
posibilitará que o concello participe no espazo virtual de intercambio de
información, experiencias e boas prácticas que a Secretaría Xeral puxo en
marcha o ano pasado, e que tamén inclúe actividades de sensibilización e
prevención; información; formación e asistencia ás vítimas.
No marco do pleno ordinario, tamén se procedeu á renovación
do convenio de colaboración coa Asociación Amigos de Galicia, que desde o ano
pasado atende ás familias do concello en peor situación económica. Antonio
Pereiro explicou que a asociación a que o concello destina un importe de 1.075
euros, atende a entre 18 e 20 familias en situación precaria a través da
entrega de paquetes de comida e produtos básicos que se lle fan chegar a través
de Servizos Sociais do Concello de Tordoia. Os principais beneficiarios destas
axudas son mulleres vítimas de malos trataos e familias monoparentais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario