No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: APROBASE O PLAN DE OBRAS E SERVICIOS PARA O 2013

jueves, 17 de enero de 2013

APROBASE O PLAN DE OBRAS E SERVICIOS PARA O 2013

Tordoia aproba o Plan de Obras e Servicios (POS) 2013 adicado á mellora de viais e accesos por importe de máis de 200.000€.

O importe estará dirixido á mellora da rede de infraestruturas viais e accesos de lugares de Gorgullos, Santaia, Anxeriz e Andoio.

O Concello de Tordoia ven de anunciar a relación de obras que ten previsto executar para este ano baixo o POS 2013 por un importe de máis de 200.000€ que se dedicarán fundamentalmente a pavimentación e mellora de viais e accesos. Segundo explicou o rexedor tordoiés a obra máis importante que se acometerá este ano será a ampliación do acceso á igrexa de Gorgullos. “Trátase da segunda fase dun proxecto de case 300.000€ na que xa comezamos a traballar o ano pasado para mellorar os accesos en Santaia e o recinto que está arredor da igrexa de Gorgullos”. Para esta obra o importe destinado é de 88.087,33€. 

O segundo dos proxectos incluidos no POS, por un importe de 61.464,95€, é o da pavimentación en San Mamede (Andoio) e que tamén incorpora a pavimentación dunha rúa no lugar de Folgueira e os accesos a Torre, ambos na parroquia de Anxeriz e o arranxo do camiño entre Fornelos e Ponte, en Tordoia. Finalmente, o terceiro proxecto que se aprobou no POS 2013 coa abstención do grupo municipal socialista no último pleno municipal celebrado, inclúe a rehabilitación de catro accesos en Gorgullos, Anxeriz e Cabaleiros, a pavimentación dos accesos ata Xardín, en Santaia e a mellora do camiño que une Brandoñas coa estrada xeral, tamén en Anxeriz. Estas obras incluídas no terceiro proxecto ascenden a un investimento total de 52.738,79 euros. 

Coa aprobación destas obras, o Concello de Tordoia acometerá melloras nos accesos en cinco puntos, pavimentacións noutros tres lugares así como mellora dous camiños. “O mantemento en boas condicións da extensa rede de viais e camiños do concello require grandes orzamentos polo que é necesario facer un estudo pormenorizado daqueles que están precisados dunha intervención máis urxente ou que teñen maior número de usuarios”, explicou Antonio Pereiro. 

Finalmente, 48.271,30€ do POS quedaron destinados ao financiamento de gastos correntes, polo que o importe total do plan provincial para este ano ascende a un total de 250.562,37 euros, un investimento práctimente igual ao do ano pasado, que ascendeu a case 265.000 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario