No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL

martes, 29 de enero de 2013

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL

O Concello de Tordoia ven de abrir o prazo para recoller as solicitudes daquelas persoas que aspiren a seren beneficiarios do Programa de Alimentos e Emerxencia Social. Dirixido a familias con escasos recursos económicos ou en risco de exclusión social. Aínda que son poucas as familias deste municipio que se atopan nesta situación, os servizos sociais muncipais están abertos para resolver calquera dúbida sobre os requisitos e a tramitación. Ademais, desde este mesmo departamento, infórmase de que tamén está aberto o prazo para que os beneficiarios de pensións non contributivas opten a un complemento económico para o aluguer de vivenda. 

Para a tramitación da AES, os interesados deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Tordoia antes do 15 de febreiro. Para facer a solicitude será necesario achegar DNI ou pasaporte; certificado de empadroamento e convivencia; xustificante de calquera ingreso que se perciba e declaración do IRPF ou certificado de imputacións.

No caso do complemento económico de 525 euros anuais para a vivenda de aluguer, o prazo para a solicitude está aberto durante todo o ano e é compatible coas persoas beneficiarias de pensións non contributivas de xubilación e invalidez que carezan de vivenda en propiedade e residan de forma habitual nunha vivenda alugada como titular do contrato, sempre que o propietario daquela non teña relación de parentesco co pensionista ata o terceiro grao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario