No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: O CONCELLO DE TORDOIA CONTARÁ EN 2013 CUN PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA EN PEDROUZOS

martes, 30 de octubre de 2012

O CONCELLO DE TORDOIA CONTARÁ EN 2013 CUN PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA EN PEDROUZOS

O concello de Tordoia contará en 2013 cun punto de atención á infancia en Pedrouzos. As obras comezarán de xeito inmediato grazas á axuda concedida por Agader que subvenciona o 93% da obra.

O Concello de Tordoia contará cun Punto de Atención á Infancia para nenos de 0 a 3 anos a partir do mediados do ano que ven. Así o anunciaba o seu alcalde, Antonio Pereiro durante o pleno municipal do Concello de Tordoia que se celebrou esta mañá e no que se dou conta, entre outros puntos, do comezo inmediato do proceso de contratación necesario para a execución das obras, que ascenden a un total de 176.853,15 euros. Deste importe, AGADER ven de conceder unha axuda do 93%, isto é, 139.634,18 euros para a súa execución e que se distribuirán en dúas anualidades ata completar os traballos, previsiblemente en xuño de 2013. O pleno municipal tamén serviu para dar conta da solicitude dunha subvención á Deputación para abastecemento na Tarroeira, a desafección de dúas escolas unitarias para adicalas a usos sociais e para que o rexedor anunciara que renuncia a súa paga extra de Nadal en solidariedade cos resto dos funcionarios afectados. 

No que respecta a escola infantil, o rexedor tordoiés anunciou que o recinto estará ubicado na parcela para usos múltiples de Pedrouzos, onde tamén está o Centro Multiusos, tal e como estaba previsto. “Esta nova infraestructura permitirá ofrecer un espazo de atención especializada para arredor de vinte pequeños de ata os tres anos que contará con sala de xogos e gatexo, un área limitada para o descanso, así como zonas para a comida e a hixiene”. 

Abastecemento para 35 veciños
O pleno muncipal do 25 de outubro tamén serviu para solicitar de xeito unánime unha subvención por parte da Deputación para rematar o saneamento da Tarroeira/Campo de Millo, unha obra que xa comezara a executar este mesmo organismo. “Coa execución deste último tramo de 200 metros de canalización quedaría rematado o 100% do saneamento nesta parroquia e daría servizo aos 35 veciños que aínda non dispoñen del”, explicou Pereiro. As obras, por un importe de 70.000 euros inclúen tamén a instalación de equipos de bombeo e rede eléctrica, así como a reposición das beirarrúas afectadas. 

Paga extra de Nadal
No ámbito das infraestruturas, o goberno tamén dou conta da resolución positiva por parte da Consellería de Educación para a desafección de dúa escolas unitarias, situadas en Pedrasalgueira (Anxeriz) e Santaia (Gorgullos) que pasan a titularidade municipal co obxectivo de poder reorientar o seu uso. “Trátase de dúas escolas que quedaron pechadas o curso pasado por falta de rapaces, polo que desde o concello solicitamos poder dispor destas instalacións para reorientar o seu uso. A nosa idea é empregalas como centros sociais para que os veciños da zona poidan realizar actividades”, explicou o rexedor. 
Precisamente para fins sociais tamén se destinará a paga extra do alcalde, que anunciou esta mañá que renuncia a ela en solidariedade coa situación pola que están pasando os funcionarios, privados desta paga por mor dos recortes. O importe desta paga, de 2.550 euros destinarase ás arcas municipais co obxectivo de poder ofrecer asistencia ás familias do municipio que peor o están pasando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario