No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA IV CARREIRA PEDESTRE DE TORDOIA

lunes, 2 de julio de 2012

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA IV CARREIRA PEDESTRE DE TORDOIA

Ata o 4 de xullo poderase facer efectiva a reserva de praza, que é de balde, nas doce categorías que se disputan.

 A Carreira Popular Pedestre de Tordoia chega este ano a súa cuarta edición plenamente consolidada como unha proba de referencia na comarca e que nesta edición celebrarase en Seixán o vindeiro sábado, 7 de xullo. Na organización apuran xa os últimos días para a formalización das inscricións, completamente de balde e cuxo prazo remata o vindeiro mércores, 4 de xullo. Desde o Concello de Tordoia anímase aos veciños a participar nesta iniciativa que segue creando afección deportiva no municipio, promovida pola Comisión de Festas de Cabaleiros, Atlética a Silva, Dist-Re Piñeiro (PEPSI), Casa Grande de Xanceda, Majuca, Panadería Cancela e os veciños/as de Tordoia.

Con saída e meta en Seixán (Cabaleiros), a proba terá un percorrido de 6.880 metros por toda a parroquia de Cabaleiros. A proba contará con doce categorías de idade, con distancias adaptadas a cada unha delas, desde os máis cativos en categoría ‘chupete’, que non pasarán dos 100 metros, ata os catro grupos de veteráns, que farán o percorrido completo, cunha previsión de rematar contra ás 22 horas. A carreira está aberta tanto a corredores federados como non federados, cunha única clasificación conxunta.

A organización outorgará trofeos aos tres primeiros de cata grupo de idade, en categorías masculina e feminina. Do mesmo xeito, haberá un trofeo para os mellores corredor e corredora de Tordoia. E para todos os participantes haberá camisolas conmemorativas.

A inscrición estará aberta na Casa da Cultura ata as 20 horas do mércores aínda que os interesados tamén se poderán anotar a través do teléfono 981 683 006 facendo constar os seguintes datos:

  • Nome e Apelidos
  • DNI
  • Data de nacemento
  • Clube e licencia federativa (se a ten)
  • Localidade de procedencia
  • Teléfono de contacto ou correo electrónico.

O prazo de inscrición finalizará o dia 4 de xullo ás 20:00 horas. Non se farán inscricións no día da proba e tampouco se admitirán inscricións incompletas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario