No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: XORNADA INFORMATIVA PARA APRENDER A RENDIR CONTAS CON FACENDA

miércoles, 6 de junio de 2012

XORNADA INFORMATIVA PARA APRENDER A RENDIR CONTAS CON FACENDA

A Casa da Cultura do Concello de Tordoia acollerá o vindeiro xoves, 7 de xuño unha xornada informativa na que, baixo o título “Como facer unha declaración da Renda Básica” aportarase toda a información que precise o particular para rendir contas con Facenda no caso de estar traballando por conta allea.

Neste sentido desde o Concello explicouse que se trata dunha xornada na que se abordarán os aspectos básicos que é preciso coñecer para poder presentar correctamente a Declaración.

Unha das axentes da Mancomunidade de Ordes, Marta Souto, será a encargada de impartir a xornada, de carácter gratuíto e para a que non é preciso facer ningunha inscrición previa. Dirixida a toda a poboación, o seminario comezará a partires das 11.30 horas. Pódese recabar máis información nos Servizos Sociais municipais ou na Casa da Cultura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario