No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: GRELOS DE BRANDOÑAS PARA TODA GALICIA

miércoles, 9 de mayo de 2012

GRELOS DE BRANDOÑAS PARA TODA GALICIA

A unión e o esforzo de 18 veciños de Brandoñas, na parroquia de Anxeriz (Tordoia) lograron que o grelo galego con denominación de orixe se venda nos mellores supermercados de España, como El Corte Inglés, Eroski, etcétera, e mesmo que se sirva en mesas de Hispanoamérica.

Estes veciños cultivan de xeito tradicional, como fixeron os seus pais ou avós. Producen a súa propia semente e recollen un a un, e cun simple coitelo, as plantas dos seus hortos. Contan con 30 hectáreas de campo. E a súa terra "una das mellores para o grelo polo clima frío e húmido", como explica Carmen Reyes (unha das produtoras), pode producir 10.000 quilos de produto por hectárea. Recollen, ademais, varias colleitas dende outubro ata xuño grazas ás sementes "de cedo, de medio e de tarde" que empregan, di outra produtora, Carmen Gesto. O grelo, ademais, "está de moda". As festas gastronómicas con exaltación deste produto e o seu impulso dende moitos municipios galegos nos carnavais "fixo crecer a demanda". Así, estes carnavais "saíron de Brandoñas setenta toneladas", aseguran.

Uns veciños teñen 5 hectáreas, outros só 2, e non crearon ningunha asociación pero puxéronse de acordo para cultivar e vender xuntos os grelos. Fixémolo primeiro (hai 8 anos) cun intermediario e dende o pasado mes de xullo directamente coa firma A Rosaleira "e nunca houbo ningún problema".

"Empezamos o 18 de xullo de 2011, porque A Rosaleira (unha firma galega que data de 1942) necesitaba grelos para sacar unha nova base para revoltos", explica Emilia Otero, "a única do Concello de Santa Comba metida neste grupo", resalta. E dende entón seguen traballando para esta firma orixinaria do Roseira que tamén conta con planta en Silleda. Chámannos cada vez que necesitan mercadoría. Dinnos: queremos tantos quilos, e entón imos á horta, recollemos a man os grelos e reunímonos todos na casa dun dos veciños a esperar a que chegue o camión para levarse o produto".

José Manuel Blanco, comercial da Rosaleira, conduce tamén este camión. O día que Terras de Santiago se desprazou a Brandoñas Blanco explica que "recollemos os grelos pola tarde noite e levámolos a Silleda na cámara frigorífica do camión". En Silleda "doce traballadores empezan a súa quenda ás seis da mañá. Seleccionan a verdura, prepárana en mangados, póñenlle o selo de denominación de orixe e inmediatamente cinco repartidores distribúenos os supermercados Eroski, Froiz, El Corte Inglés... ". Blanco tamén sinala que "é un produto que se cultiva só con aboamentos naturais. Non hai pesticidas. Ademais, o consumidor sabe en que terreo foi recollido o grelo e a que hora". Deste modo, os grelos de Anxeriz chegan a toda Galicia, aínda que tamén se venderon como conserva por Hispanoamérica e Europa.

Fonte: Tierras de Santiago

No hay comentarios:

Publicar un comentario