No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO ‘EMPRÉGATE’ DIRIXIDO AOS MOZOS DE TORDOIA

miércoles, 23 de mayo de 2012

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO ‘EMPRÉGATE’ DIRIXIDO AOS MOZOS DE TORDOIA

A xornada, de carácter gratuíto, terá lugar o vindeiro 1 de xuño na Casa da Cultura

Ferramentas para a busca activa de emprego ou como enfrontarse con éxito a unha entrevista de traballo serán algúns dos puntos que se tocarán no Obradoiro Emprégate que a Casa da Cultura do Concello de Tordoia acollerá o vindeiro venres, 1 de xuño. Trátase dunha iniciativa promovida pola Dirección Xeral de Xuventude co obxectivo de dotar a mocidade do municipio das ferramentas necesarias para poder optimizar as súas posibilidades na busca de emprego. A xornada, de carácter gratuíto, celebrarase en horario de tarde, de 19h a 21 horas, e para participar tan só é necesario inscribirse antes do 25 de maio.

A prospección de novos nichos de mercado, a importancia dun currículum vitae ben elaborado e adaptado ao posto de traballo ao que opta, así como a elaboración dunha carta de presentación ou as claves para desenvolver con éxito unha entrevista de traballo serán tamén outros dos aspectos que se abordarán na xornada. Desde o Concello de Tordoia, o seu rexedor, Antonio Pereiro animaba aos máis novos a participar neste tipo de iniciativas xa que “permítelles coñecer outras vías para atopar un emprego ou mellorar a súa situación laboral actual”, explicou.

Así mesmo, desde a organización destacaron a necesidade de conquerir un mínimo de dez alumnos para desenvolver a iniciativa, polo que todas as persoas interesadas en participar, tanto menores de 30 anos como técnicos locais de emprego, animadores xuvenís, concelleiros de xuventude, asociacións, grupos informais e, en xeral, calquera colectivo interesado no eido da mocidade,  poden inscribirse antes deste venres, 25 de maio na Casa da Cultura, a través do teléfono 981 683 006 ou no enderezo electrónico cultura@tordoia.dicoruna.es.

Este obradoiro levase a cabo no marco do programa Activa, promovido pola Xunta de Galicia para fomentar a inserción laboral da mocidade no mercado laboral.  Persoal da Rede Galega de Dinamización Xuvenil son os encargados de ofrecer estes cursos en concellos e comarcas das catro provincias desenvolvendo catro tipoloxías de formación que tentan abranguer cuestións transversais e de interese para a mocidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario