Interesante o artículo de hoxe de Víctor Furelos en Tierras:
"Os números son crueis, fríos e, ás veces, reflexan a realidade. Cando en Tordoia se miran as cifras de poboación hai que asustarse. Hai 143 nenos de menos de nove anos e 728 veciños de más de 75 anos. Semella que a cousa non vai ben. En poucos anos Tordoia quedará sen xente. De feito, na última década xa perdeu 579 habitantes.
Cómpre unha solución urxente. O alcalde, de momento, xa pechou dúas escolas e pide un polígono industrial que cre emprego e así fixe poboación no concello. Non rompeu moito a cabeza. E posto a pedir, é raro que non queira que unha multinacional se instale en Tordoia con traballo para todos os veciños e bos salarios.
Neste país no que hai máis dun polígono industrial por municipio, por certo, con moitas parcelas sen ocupar, non sei eu se un parque empresarial máis contará con moitos clientes. É certo que o mellor sería ter un polígono e empresas para enchelo. Pero eso non é tan fácil. E máis nestes tempos de crise. Pero tamén é certo que Tordoia precisa de feitos para non morrer e a Xunta ten a obriga de axudar.
Media Galicia esmorece. Cada vez hai máis vellos e menos novos, sobre todo en terras do interior. Pero non se ve un proxecto de país que tente de poñerlle solución. Deixamos que as cousas pasen e xa se verá.
Hai que poñerse a traballar. O reparto da poboación é totalmente irregular. A costa queda pequena e no interior falta xente. As casas das aldeas quedan baleiras e caen vítimas do olvido. ¿E ninguén fai nada? Tordoia, e outros moitos sitios, non pode esperar unha década máis. Precisa de solucións urxentes."
Cualquier comparación con la realidad de Uruguay es una simple coincidencia.
ResponderEliminarSi xa che digo!!Ya vin que a economía de Uruguai medrou un 9,6% no primeiro semestre do 2011!!Enoraboa
ResponderEliminar