As obras da casa consistorial do concello de Tordoia quedarán rematadas a finais do mes, logo de volver retomar os traballos de pintura e renovación da cuberta. Despois de facer un parón polas inclemencias meteorolóxicas, os labores continúan progresando.Así, entre as tarefas máis importantes para o acondicionamento do inmoble, hai que destacar os traballos de ampliación da casa do concello. Para iso, incluíuse a execución de novas dependencias e un arquivo no soto. Estes traballos contan cun presuposto en conxunto de preto de 120.000 euros, financiados pola Consellería de Presidencia nun 80%, mentres que o 20% restante son asumidos polo propio Concello.
O obxectivo da nova cuberta é substituír a anterior para cubrir as novas necesidades do edificio ao que recentemente se ampliara a súa estrutura. Esta será a última fase da remodelación completa da casa consistorial, que quedara pequena e anticuada despois da súa constitución no ano 1967.
Estes primeiros traballos xa foran obxectivo de vista por parte do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, concretamente no pasado mes de marzo. O conselleiro mostrara o seu apoio e aplaudira a proposta do alcalde en canto ás novas dependencias que se propuxeran para a súa remodelación. En canto ao rexedor tordoiense, Antonioi Pereiro, indicou que a execución destes últimos traballos permitirá rematar cos problemas de humidade que se presentaban nalgunhas estanzas do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario