No 2015 na festa dos veciños habera unha pulpeira según se acordou na festa deste ano ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VILADABADE: GALICIA É A COMUNIDADE ONDE MÁIS BAIXA O PARO EN XULLO

martes, 2 de agosto de 2011

GALICIA É A COMUNIDADE ONDE MÁIS BAIXA O PARO EN XULLO

O paro baixou en xullo en doce comunidades autónomas, especialmente en Galicia (un 4,52%), Cantabria (4,25%) e País Vasco (2,99%), e subiu en Canarias e Aragón, en ambos os dous casos un 0,66 por cento, segundo os datos feitos públicos hoxe polo Ministerio de Traballo.

No conxunto de España, o desemprego rexistrado nos Servizos Públicos de Emprego reduciuse en 42.059 persoas, un 1,02 por cento ao finalizar o mes de xullo, co que o número total de parados se situou en 4.079.742 persoas.

Tras Galicia, Cantabria e o País Vasco, os maiores descensos do paro rexistráronse, tamén por enriba da media nacional, en Castela e León (2,70%), Asturias (2,51%), a Comunidade Valenciana (1,85%) e Castela-A Mancha (1,23%).

O descenso máis significativo do paro tivo lugar na cidade autónoma de Ceuta, onde se reduciu nun 5,36 por cento, fronte a Melilla, onde aumentou, non obstante, nun 0,33 por cento.

En termos absolutos, tamén foi Galicia (con 10.557 persoas) a comunidade onde o desemprego baixou máis, seguida da Comunidade Valenciana (9.622), Cataluña (5.525) e Castela e León (5.015 persoas).

En canto á taxa interanual (últimos doce meses), todas as comunidades rexistran incrementos, salvo en Baleares e Canarias, especialmente o País Vasco (11,34 por cento), Asturias (9,82 por cento) e Castela-A Mancha (9,33 por cento).


No hay comentarios:

Publicar un comentario