A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares. O obxecto é a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas aos/ás emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios:
a) Os/as cidadáns/ás españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volvesen á Galicia sempre que, antes de emigrar, tiveran a súa última veciñanza administrativa en Galicia e así estivese acreditado no correspondente consulado de España, así como os emigrantes naturais de Galicia que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron á Comunidade Autónoma.

b) Os familiares das persoas indicadas no apartado anterior unidos a estes por matrimonio ou sexan parella de feito, parentesco por consanguinidade ou afinidade en primeiro grao, ou por adopción e parentes consanguíneos de segundo grao, así como os viúvos/as ou orfos/as de ditos emigrantes.
Os/as anteditos/as beneficiarios/as deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.
Prazo de presentación: 08/03/2011 - 30/09/2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario