Xa se poden facer as solicitudes para o Programa de LECER E BENESTAR da Consellería de Traballo e Benestar para maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 60, agás no caso de persoas con discapacidade.
MODALIDADES:
* TURISMO TERMAL TODO INCLUÍDO: Acuña, Baños da Brea, Baños de Molgas, Gran Balneario de O Carballiño, Carballo, Termas de Cuntis, e Termas Romanas de Lugo.
* TURISMO TERMAL SÓ TRATAMENTO: Carballo, Termas de Cuntis, e Dávila.
* TURISMO DE PRAIA: Panxón.
* INTERCAMBIO: Portugal.
NOVIDADES:
Este ano non haberá transporte gratuito nas modalidades de turismo termal"todo incluido",coñece un balneario, coñece un camping e turismo de praia a Panxón. O desprazamento de ida e volta será por conta dos usuarios.
REQUISITOS:
- Ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista (cumpridos no prazo de solicitude), agás no caso de persoas con discapacidade. O requisito da idade non se precisa no caso de cónxuxe ou acompañante con relación análoga a conxugal.
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria ou ir acompañado de monitor, no caso de persoas con discapacidade, e atoparse en condicións de asistir ao Programa.
- Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais, non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
- Respecto ás quendas de carácter termal, precisar o tratamento solicitado e carecer de contraindicación médica para a súa recepción.
- Ter presentado a solicitude, acompañada da documentación regulamentaria, dentro do prazo establecido
- Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder ao destino solicitado.
- Ter efectuado a oportuna aceptación da praza e o pagamento do prezo estipulado no prazo que se estableza.
Solicitudes e mais información: Servizos Sociais municipais.
Prazo para realizar as solicitudes: ata o 15 de abril do presente ano.
Información telefónica: 900 333 666
No hay comentarios:
Publicar un comentario