
07/02/2012
Ola boas, son Montse, redactora do programa Vivir Aquí da TVG.
Estamos preparando un programa sobre actividades de ocio, centrándonos nas asociacións de veciños. Quería saber se tedes algún tipo de calendario de actividades, pola posibilidade de gravación dalgo de que fagades vós cos veciños... Sería para o martes que vén. Xa me contades,
grazas
Montse Montaos Varela
Televisión de Galicia
Bando, San Marcos
15820 Santiago de Compostela
A Coruña
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
08/02/2012
Boas tardes Montse,
En respota o que nos comentabas no correo, pódoche dicir que as actividades principais que estamos levando a cabo son sobre todo:
- unha xuntanza de todos os veciños na que se fai unha gran churrascada amenizada musicalmente. Soe acudir moita xente da parroquia e tamén dos arredores. Este ano esa programada para o vindeiro domingo 3 de xuño. Por suposto estades invitados a asistir. De feito se elaborades algunha reportaxe sobre elo podedes telo en conta.
- facemos un campionato de tute o que acoden ata 64 parellas do concello de Tordoia e tamén dos concellos da periferia. Este ano ímolo a celebrar o próximo sábado 9 de xuño.
- tamén soemos organizar algunha que outra excursión.
- o resto son reunións veciñais para tratar as inquedanzas dos habitantes da parroquia e así axudar a solventalas, ben dende a Asociación de Veciños ou ben acudindo o propio concello.
Xa nos dis algo. Estamos en contacto.
Agradecendovos que vos puxerades en contacto coa asociación aproveitamos tamén para mandarvos un saúdo.
Cristian Puente.
Tesoreiro da Asociación
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
09/02/2012
Moitas grazas Cristian, pola túa pronta resposta. O certo é que precisamos gravar antes desas datas, pero teremos en conta o que me dis para ver se en xuño nos cadra ben e nos animamos a reportaxear esa churrascada!
Saúdos,
Montse Montaos Varela
Televisión de Galicia
Bando, San Marcos
15820 Santiago de Compostela
A Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario